Reboiras. Acción e corazón

Galiza, Spain
1Round Remaining 18 days
Now 4 the optimum
Received
€ 13.222
Minimum
€ 12.200
Optimum
€ 20.000
280 Co-financiers
Contributing € 10
Mención nos créditos
  • Mención nos créditos do filme como participante

Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
+Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

> 07 Co-financiers
Contributing € 20
Mención nos créditos + filme + libro
  • Mención nos créditos do filme como participante
  • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.

Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
+Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

> 137 Co-financiers
Contributing € 50
Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV
  • Mención nos créditos do filme como participante

  • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.

  • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes

  • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo

Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
+Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

> 80 Co-financiers
Contributing € 200
Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV + serigrafía
  • Mención nos créditos do filme como participante
  • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.
  • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes
  • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo
  • Serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm. Serie limitada de 99 serigrafías da obra orixinal de Xoán Guerreiro. Están numeradas, supervisadas e asinadas polo autor. Xoán Guerreiro, Xove 1959, é un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional.

Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
+Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

> 10 Co-financiers
Contributing € 500
Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV + serigrafía + convite á rodaxe
  • Copia física do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70
  • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes
  • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo
  • Serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm. Serie limitada de 99 serigrafías da obra orixinal de Xoán Guerreiro. Están numeradas, supervisadas e asinadas polo autor. Xoán Guerreiro, Xove 1959, é un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional.
  • Convite para asistir a dúas sesións de rodaxe

Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
+Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

> 03 Co-financiers

About this project

Unha longametraxe documental escrita e dirixida por Alberte Mera e producida pola Fundación Terra e Tempo.
Task Minimum Optimum
Dirección de fotografía e aluguer de equipos
Aluguer de cámaras e elementos de iluminación
€ 6.000
Ilustración
Ilustración de Moncho Reboiras para o cartel do filme
€ 200
Edición do libro-DVD
Reedición especial, con fotografías da rodaxe, do libro 'Moncho Reboiras.O nacionalismo galego nos anos 70', de varios autores, e creación do soporte físico do filme.
€ 4.000
Revisión lingüística dos materiais e subtitulado
Subtitulado en galego para persoas con dificultades auditivas.
€ 2.000
Tradución e subtitulado a outros idiomas
Para favorecer a exportación e exhibición do filme en países non galegofalantes.
€ 2.000
Deseño e impresión de materiais de difusión
Cartelería, flyers para atraer mecenas, materiais para prensa, etc.
€ 1.000
Comunicación
Difusión do documental en redes sociais e medios de comunicación
€ 1.800
Material Minimum Optimum
Xestión Crowdfunding
Gastos de envío das recompensas, comisión bancarias e da plataforma
€ 3.000
Total € 12.200 € 20.000
Necessary
Supplemental

General information

Na madrugada do 12 de agosto de 1975 é asasinada a última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza. Ramón Reboiras Noia, con só 25 anos, sufriu múltiples disparos da policía no portal número 27 da rúa da Terra de Ferrol. Aquel mozo de conviccións nacionalistas convertérase moi cedo en destacado membro da clandestina Unión do Povo Galego, a través da cal foi alicerce fundamental na organización de amplos sectores da sociedade galega en frontes de actuación como a sindical, a cultural ou a política.

O réxime era sabedor das grandes habilidades de Reboiras para impulsar as organizacións de masas do nacionalismo galego, mais o propio Moncho tamén era consciente da crueldade do réxime e do perigo que el mesmo afrontaba. Este será pois o primeiro filme documental sobre o último loitador galego morto en desigual combate contra Franco.

'Reboiras. Acción e corazón', será a primeira película sobre Moncho Reboiras e o seu obxectivo é levar á pantalla un retraro fiel deste loitador. A súa vida e o seu pensamento serán recreados a través de entrevistas a máis de 15 testemuñas que partillaron diversas etapas da vida con Reboiras.

O proxecto conta xa cunha axuda da Deputación da Coruña, outorgada en concorrencia competitiva, que financia unha parte dos gastos acumulados do proxecto. Estrearase en 2020, cadrando co 45 aniversario do seu asasinato.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

A memoria de Reboiras constrúese a través da gravación e recompilación de diversos materiais:

  • Máis de quince testemuños de persoas que coñeceron persoalmente a Reboiras e partillaron con el vida persoal e ou política.
  • Recreación de momentos clave na súa vida como a fuxida do 12 de agosto ou os últimos momentos no portal.
  • Materiais de arquivo xa existente e documentos recollidos a través do traballo de investigación para a realización do guión
  • Os espazos que Reboiras habitou, nos que se realizarán parte das entrevistas e inspirarán os escenarios dos fragmentos reconstruídos.

Why this is important

A motivación principal é crear a primeira película sobre Ramón Reboiras Noia. A fundación Terra e Tempo atopa necesario realizar esta peza para dar a coñecer un anaco da nosa historia recente. Un exercicio de xornalismo, investigación e creación cinematográfica que facilita o acceso cidadán a arquivos históricos e impulsa a investigación do noso pasado e presente.

O público potencial é a sociedade galega en xeral, especialmente aquelas persoas con inquedanzas sociais e históricas.

Team and experience

Guión e dirección: Alberte Mera. É licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, con especialidade en Guión e Dirección Audiovisual (2009) e ten un mestrado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela (2010). Actualmente é xornalista en Sermos Galiza e ten desenvolvido a súa carreira profesional como consultor de comunicación e deseño, realizando traballos para a Universidade de Vigo e diversas empresas consultoras. Será o quinto filme documental que dirixa após as curtametraxes Camiño da Memoria (2011) e Deixádeas Pasar (2012), e as longametraxes Clamor da Terra (2012) e Lume Novo (2013), as dúas últimas tamén producidas pola Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas e publicadas en libro-DVD.

Produción executiva: Roberto Vilameá. Presidente da Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas

Dirección de fotografía: José Aragunde

Dirección de produción: Xosé Lois Ledo. Xerente de Nós, produtora cinematográfica galega

Coordinación de produción: Irene Pin. Licenciada en comunicación audiovisual especializada en xestión cultural

Son e posprodución de audio: Marcos Paino. Técnico de son.

Edición: Marco Outeiro e Alberte Mera

Etalonaxe: Numax

Deseño gráfico: Patricia Cid. Deseñadora multimedia

Deseño web: Daniel Chaves. Deseñador multimedia

Ilustración: Pablo Prado

Comunicación: Paula Cermeño. Xornalista especializada en difusión cultural

Asesores históricos: Uxío Breogán Diéguez, investigador e profesor na Universidade da Coruña e Xoán Carlos Garrido, investigador e profesor.

Produce: Fundación Terra e Tempo

Colabora: NÓS Produtora Cinematográfica Galega

Social commitment