Este ano hai camiseta, si. Con esta recompensa resérvala e recóllaa no festival, cando chegues, sen colas nin agobios. Ti elixes a talla ao facer a túa achega e nós gardámola co teu nome. Así aseguras a túa sen ter que pelexar pola última que quede, que sempre é a que non che vale.
E ademais, claro, o periódico. O que xa che contamos. O das noticias que non pasan, as entrevistas que non existen e a foliada que non termina. En papel. Para que o teñas, o ulas e o gardes.
Con esta recompensa axudas a que este ano te leves algo físico (e bonito) e a que o periódico siga sendo ese obxecto raro que non sabes moi ben que é pero che encanta ter. Ademais:
- Camiseta do XI Festival Agrocuir da Ulloa.
- Un exemplar físico do "Periódico das Cuirtopías.
- Publicamos o teu nome na web para que te poidas ver eternamente como alguén que fixo isto posible.
¡A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo AQUÍ.
