Superamos o 25% do financiamento

A campaña de crowdfunding superou esta semana o 25% do seu presuposto mínimo, os 8.000 € que precisamos para garantir as dúas filmersións que levaremos a cabo este outono. Estamos contentos/as de ter superado este umbral 15 días despois de ter lanzado este ambicioso proxecto de micromecenado no que, coa vosa axuda, estamos construindo un novo xeito de facer cinema, lonxe das convencións aos que a industria nos ten afeitos/as.
Os cartos recadados utilizarémolos para pagar os soldos do nosos gran equipo: actores e actrices, dirección, vestiario, atrezzo, comunicación, cámaras, montadores... a lista de persoas involucradas neste proxecto é longa e remunerar o seu traballo é o principal custo das filmersións.
Como vedes, aínda nos queda un longo camiño por percorrer para chegar ao noso obxectivo de 8.000 € . Se vos gusta o nosos proxecto, non dubidedes en compartilo cos vosos amigos/as e familia, para que a palabra filmersiva chegue a canta máis xente mellor!
Comments
Inicia sesión para dejar un comentario