Contributing £ 4
Agradecemento na web
Agradecemento na web
> 03 Co-financiers
We use own and third party cookies to improve your user experience and our services, analyzing users' browsing in our website. If you continue browsing, we will consider that you consent to its use. You can get further information in our Cookies Policy
You have to sign in to interact with the Goteo community
Homenaxe á Coluna Sanfins
Agradecemento na web
Agradecemento na web + Libro «Breve História da Coluna Sanfins». Poderá ser recollido en calquer local da CNT galega ou o día do evento (30 de outubro, Lousame).
Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» con envío postal.
Agradecemento na web + Pack de 3 libros relacionados coa historia do movemento obreiro e a ideoloxía libertaria. Inclúe libro «Breve Historia da Coluna Sanfins».
Agradecemento na web + Pack de 5 libros relacionados coa historia do movemento obreiro e a ideoloxía libertaria. Inclúe libro «Breve Historia da Coluna Sanfins».
Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Roteiro Libertario polo Val de Sanfins, para grupos de até 6 persoas. Organizámoste un roteiro para grupo pequeno en datas a combinar, e con degustación de cervexas artesás e petiscos caseiros.
Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Roteiro Libertario polo Val de Sanfins para grupos de até 20 persoas. Organizámoste un roteiro para grupo mediano en datas a combinar, e con degustación de cervexas artesás e petiscos caseiros.
Especial agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Unha das persoas realizadoras do libro ofrecerá unha palestra na túa localidade (a persoa/asociación cofinaciadora deberá habilitar local e medios e será dentro de Galicia) coa temática da Coluna Sanfins.
No pasado domingo, día 30 de outubro, Sanfins recebeu a merecida homenaxe que o grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza, xunto con Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins», organizaba para resgatar este feito histórico de resistencia ao golpe militar fascista de 1936.
A xornada comezou cunha palestra no antigo local sindical da CNT en que participaron Xerardo Agrafoxo, Pepe Sendón, Joám Evans Pim, Lorena Cuevas e Eliseo Fernández que ofreceron ás e aos asistentes unha imaxe xeral do que foi a Coluna Sanfins, a súa repercusión e importancia no contexto galego da organización obreira do sindicato mineiro.
Destacaron personalidades recoñecidas pola súa importancia no movimento obreiro, como Henrique Fernández, Claro Sendón ou Ramón Varela «Curuxás» así como toda unha rede anónima de solidariedade que permitiu no rural galego, non só a existencia de resistencia durante décadas, mais tamén de accións ofensivas contra determinados obxectivos do rexime fascista. Tamén tivo especial destaque o papel das mineiras no proceso de usurpación de terreno comunal do viciños por parte do estado e das empresas, chegando até aos nosos días.
Lorena Cuevas e Eliseo Fernández apresentaron o libro «Breve historia da Coluna Sanfins» editado pola CNT Galiza e a campaña de crowdfunding para o financiamento do monumento popular en memoria das persoas que non dubidaron en organizarse e saír ao combate corpo a corpo contra o fascismo e pola liberdade.
Xa no exterior, ao pé do antigo local sindical da CNT, tivo lugar o descubrimento do monumento dedicado aos integrantes da Coluna, cunhas breves palabras de compañeiros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (lugar onde combateron con tropas regulares) e da Barbança, da representante do Concello que facilitou o espazo para a instalación do monumento e do grupo de MH da CNT Galiza, que enfacitou o exemplo de organización dos mineiros de hai 80 anos.
O acto continuou coa participación musical do grupo Nota Bene, de Redondela, que ofreceu aos e ás asistentes un variado repertorio para dar paso á romaria no Chan das Minas.
Para finalizar a xornada, o roteiro libertario guiado por Joám Evans mostrou aos e ás participantes os lugares máis importantes do contexto mineiro e sindical, que de literario podería ter só o carácter «épico» da loita, da solidariedade e da resistencia.
O grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza, xunto coa SHC Coluna Sanfins, pretende, organizou esta homenaxe no oitenta aniversario dos feitos e pretende que esta cita sexa de carácter anual.
Inicia sesión para dejar un comentario
Agradecemento na web
Agradecemento na web
> 03 Co-financiers
Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» sen envío postal
Agradecemento na web + Libro «Breve História da Coluna Sanfins». Poderá ser recollido en calquer local da CNT galega ou o día do evento (30 de outubro, Lousame).
> 07 Co-financiers
Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» con envío postal
Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» con envío postal.
> 09 Co-financiers
Pack de 3 libros con envío postal
Agradecemento na web + Pack de 3 libros relacionados coa historia do movemento obreiro e a ideoloxía libertaria. Inclúe libro «Breve Historia da Coluna Sanfins».
> 09 Co-financiers
Pack de 5 libros con envío postal
Agradecemento na web + Pack de 5 libros relacionados coa historia do movemento obreiro e a ideoloxía libertaria. Inclúe libro «Breve Historia da Coluna Sanfins».
> 06 Co-financiers
Roteiro Libertario polo Val de Sanfins - 6 persoas
Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Roteiro Libertario polo Val de Sanfins, para grupos de até 6 persoas. Organizámoste un roteiro para grupo pequeno en datas a combinar, e con degustación de cervexas artesás e petiscos caseiros.
> 00 Co-financiers
Roteiro Libertario polo Val de Sanfins - 20 persoas
Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Roteiro Libertario polo Val de Sanfins para grupos de até 20 persoas. Organizámoste un roteiro para grupo mediano en datas a combinar, e con degustación de cervexas artesás e petiscos caseiros.
> 00 Co-financiers
Palestra sobre a Coluna Sanfins na túa localidade