LOLA (lembro aquilo como se fose hoxe mesmo)

Header image
Watch video
  • Location Cangas de Morrazo, España
Finished 14 / 11 / 2019
Funded!
Received
£ 3,885
Minimum
£ 3,431
Optimum
£ 5,704
80 Co-financiers
  • Contributing £ 9

    colaborador/a
    • Nomeamento nos créditos do documental
    > 06 Co-financiers
  • Contributing £ 17

    amigo/a
    • Nomeamento nos créditos do documental
    • Link para visualizalo documental a través de internet
    > 29 Co-financiers
  • Contributing £ 43

    alma xemela
    • Nomeamento nos créditos do documental
    • Link para visualizalo documental a través de internet
    • Paquete sorpresa de materiais de O Faiado da Memoria

    (envío gratis para península)

    > 19 Co-financiers
  • Contributing £ 86

    oh, my god!
    • Nomeamento nos créditos do documental destacado
    • Link para visualizalo documental a través de internet
    • Paquete sorpresa de materiais de O Faiado da Memoria
    • DVD do documental

    (envío gratis para península)

    > 12 Co-financiers

About this project

Un documental dei memoria oral sobre a represión na guerra civil contado en primeira persona.

Needs Task Minimum Optimum
gravacións aéreas
Parte do documental é a descripción gráfica dos espacios de memoria polos que pasaron a familia Blanco Rodal e o viaxe hacia eles. A utilización de drons para a súa gravación faise necesario.
£ 686
imprevistos e seguros
Nunha viaxe que sabes como comenzas pero non como vai rematar, todo pode sucede e hai que prever.
£ 1,115
Difusión
Proxeccións e cuotas de partipación en festivais
£ 429
Needs Material Minimum Optimum
dietas e viaxe
Esta viaxe pola memoria vai a levarnos pola provincia de Pontevedra hasta diversas poboacións do país vasco.
£ 1,029
gastos recompensas
realización dalgúns dos elementos incluidos nestas recompensas
£ 86
promoción e subtitulados
creación de autoría de dvd e copias en vaios idiomas e carteis
£ 729
Needs Infrastructure Minimum Optimum
sonorización
Preciso para que o materia antigüo, que xa leva 12 gravado, esté en consonancia co material novo e, tendo en conta de que todo xira en base a iso, sexa perfectamente audible. Así como a música.
£ 858
posprodución
posprodución e efectos da parte visual
£ 772
Total £ 3,431 £ 5,704
Necessary
Supplemental

General information

Nos areales de Cangas,
muros de noite se erguían.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:

Ai, que soliña quedache


O un de novembro de 2016, aos 95 anos, finaba en Cangas, a súa vila natal, Dolores Rodal Blanco, LOLA.

Lola era unha resistente, unha muller que, aos 15 anos e xunto a súa irmán de 13 tivo que ver como se levaban a súa nai para intentar paseala, que o seu pai xa estaba xa preso, que o seu irmán fora asesiñado, e quedaran soas e chorando na noite daquel verán do 36.
E a Memoria seguiu persistindo nela, introducíndose nas enrugas que surcaban a súa pel, soltandoas alí onde fora menester, con aquela enerxía e rabia que ela tiña.

Esa Memoria dos seus primeiros anos de vida quedou reflexada nas distintas conversas que mantivemos con ela a finais da primeira década do século 21.

Todo elo nunhas cinco horas de gravacións que culminaron nun desexo que tiña gardado desde facía setenta e pico anos, tratar de recuperar ao seu irmán da fosa de Xinzo, en Ponteareas, onde fora enterrado tralo seu asesinato.

E iso é o que tentamos de levar adiante mediante este traballo audiovisual que chamamos, xenericamente e de forma provisional, LOLA.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

Tras días de conversas con Lola falamos do seu irmán Ángel, o que fora asesiñado en Xinzo.

Ela fora tras el cando se enterou que fora sacado da cadea de Vigo e o levaran camiño de Ponteareas. Ao chegar a igrexa parroquial chegou a velo seu cadáver antes de ser depositado, xunto aos outros sete asesiñados ese día, nunha fosa común detrás da igrexa.

Setenta anos despois fixémoslle a pregunta: ¿cantas veces foi polo sitio onde estaba enterrado?

-”Nunca”, foi a súa resposta.
-”E non lle gustaría volver por alí?”
-”SI!”

Collímolo coche e alá nos fumos.

Ese é o comenzo deste traballo audiovisual: Lola no coche, camiño a un lugar que descoñecemos. De feito descoñecemos todo, deica agora só vimos as enrugas do rostro fotografiado por Xurxo Lobato para o libro ROSTROS DA MEMORIA, onde a cámara recorreráos como surcos da terra, que son as outras imaxes que se van mesturando coa fotografía hasta non dar recoñecido, exactamente, o que é terra e o que é pel.
A Memoria de Lola comenza a dibuxar a súa familia, a súa nai, o seu pai e a súa nenez.

A súa historia, de feito, non sobrepasará esa adolescencia, etapa clave e drámatica da súa vida, e que a vai marcar por sempre. É a historia de tres anos, nada mais, pero tres anos que marcarían a súa vida para sempre.

A viaxe hacia adiante, física, na percura do seu irmán, é tamén unha viaxe hacia atrás, na memoria, daqueles anos vividos, daqueles seres queridos perdidos nunha voráxine sanguenta, xa que non só foi a represión sobre os seus pais, seus irmáns, tamén o foi sobre os seus parentes mais cercanos, sobre as amistades.

Como telón de fondo, un pobo, Cangas, como moitos outros pobos que viviron o comenzo dos anos escuros.

A viaxe chega a igrexa e pasado e presente van a mesturarse. Aquilo xa non é o mesmo.

Non pode recoñecer aquel lugar. Pero, si, foi alí. Así o recoñecen os veciños que tentan de orientar, a partires das lembranzas das personas maiores, o lugar onde foron enterrados os asesiñados.

E é cando xurde a outra pregunta:

-”¿Non che gustaría que o teu irmán volvese para Cangas?”
-”É o que mas me gustaría desta vida!”

E comenza outra parte desta historia: a procura dos ósos daquelas vítimas.

E comenza esta road-movie sobre a memoria, a paisaxe e os seres perdidos.

Why this is important

LOLA constitúese como unha especie de “road movie” da e sobre a Memoria e a súa paisaxe.

A partires das conversas con Dolores Rodal Blanco, que realizamos en 2007, vamos argallando toda unha historia de seguimento, por unha España en plena guerra civil, na percura dos lugares que habitou o seu pai, que remata no penal de Pamplona, da súa nai, que o fai no penal de Saturrarán, hoxe un espacio valeiro, só recoñecido por unha gran placa que nomea a todas as mulleres que padeceros alí un encerro ideolóxico brutal, e dela mesma, de Lola polos camiños en percura do seu irmán e nas visitas a súa nai e pai cando ainda estaban en Pontevedra.

As conversas que mantivemos con ela estiveron realizadas coa idea de conservala a súa Memoria para a posteridade, pero trala súa morte decidimos de que había que facer algo mais. De ahí que sopesamos na creación deste documental que versa, especialmente, nese
camiño de tratar de atopar unha memoria que se perde no pasado.

Pero iso non sucederá si logramos rematalo traballo, posto que un vaise, pero a memoria donada sempre quedará aquí con nós. Para ser contada unha e o0utra vez.

Team and experience

Os integrantes de O Faiado da Memoria, Margarita Teijeiro e Antonio Caeiro, nas labores de pesquisas e documentación, a primeira e de realizació, o segundo, levan realizado e promovido, desde fai anos, diversas actividades arrededor da memoria histórica, como charlas, homenaxes, placas,... e, sobre todo, documentais.

Eles, xuntos ou separados, realizaron os documentais AILLADOS (1988-2001), A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM (2003), ESTA NOITE, VELADA (2009), EL RUIDO Y EL SILENCIO (2010), ARDE MADRID (2011), DESDE DENTRO DO CORAZÓN (2013) , A VOLTA DOS NOVE (2014) ou EU TAMÉN NECESITO AMAR (2019 de próxima estrea) todos eles realizados baixo a metodoloxía de memoria oral.

Tamén prepararon os libros PEDALEANDO POR VILAGARCÍA, TRUCALPERDE, HISTORIAS DUN TEMPO VIVIDO, AS FESTAS DOS MAIOS, FUCHES E NON VICHES NADA, ... moitos deles accesibles a través da zona de descargas do seu blog (http://www.blogoteca.com/ofaiadodamemoria/index.php?cat=10091)

Esta bagaxe dalles unha confianza para afrontar este novo proxecto coa garantía de obter un resultado óptimo.

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Peace, Justice and Strong Institutions

    Access to justice for all, and building effective, accountable institutions at all levels.