About this project
Show list of needs
![]() |
Minimum | Optimum |
---|---|---|
Carpintería e Pintura
Suministro e colocación de tabiques, colocación de porta corrediza, pintado de paredes e móbeis de cociña.
|
€ 1.600 | |
Fontanería e calefacción
Instalación de termo eléctrico, sanitarios, tanques, WC adaptado e acumuladores eléctricos.
|
€ 2.000 | |
escada exterior
Instalación dunha escada exterior de acceso ao xardín para as crianzas. Conecta o terrazo da escoliña cunha zona verde na que desenvolver actividades educativas
|
€ 876 | |
Certificación acústica do local
Medidas de isolamento acústico, ruído aéreo, tempo de reverberación, tempo de impacto, emisións acústicas e elaboración de relatório para comprobar a observancia da lexislación vigorante.
|
€ 605 | |
Grade metálica
Grade metálica para muro con postes de pedra. Materiais e acabado.
|
€ 865 | |
Impostos construcción
Custos derivados dos impostos por construcción e obras.
|
€ 136 |
![]() |
Minimum | Optimum |
---|---|---|
Gastos de xestión
Custos derivados da xestión do proxecto na plataforma Goteo: comisións da plataforma, comisións bancarias e gastos derivados da producción e distribución das recompensas individuais e retornos colectivos.
|
€ 950 | |
Total | € 4.550 | € 7.032 |
General information
A Semente Vigo vén desenvolvendo actividades educativas para crianzas e familias durante este ano. Pretendemos ter as instalacións en condicións idóneas para abrirmos o centro a partir de setembro e para iso precisamos acometer unha serie de reformas no espazo interior e exterior, ben como a dotación de equipamento básico que permita levar adiante a nosa actividade conforme aos nosos principios educativos que se fundamentan na inmersión lingüística, na coeducación e na creación dun modelo educativo alternativo baseado na centralidade da crianza no seu proceso de aprendizaxe.
Main features and goals of the crowdfunding campaign
A campaña está destinada a conseguirmos fondos para financiarmos as obras finais no local e abrirmos o centro educativo no vindeiro mes de setembro.
Até o de agora, o local encontrábase acondicionado para realizarmos diversas actividades coas crianzas: obradoiros, cursos, o acampamento de verán, etc. Porén, precisamos destes últimos traballos para cumprirmos co esixido na normativa vixente para este tipo de estabelecimentos.
Why this is important
A motivación fundamental deste proxecto é conseguirmos financiamento para podermos sufragar os gastos derivados das obras finais do noso local, que abre neste mes de setembro. Con ese pulo económico, a escoliña da Semente Vigo será unha realidade. Dirixímonos a todas aquelas persoas, que sendo nais/pais ou non, acreditan na necesidade dun centro educativo de inmersión na cidade de Vigo.

Goals of the crowdfunding campaign
A Semente Vigo ten como meta fundamental: ofertar unha alternativa pedagóxica e de educación en galego para crianzas na cidade de Vigo. Isto suporía desenvolver entre outros os seguintes obxectivos a longo prazo:
- Estabilizar ao menos un centro de ensino en galego na cidade de Vigo.
- Consolidar unha rede de escolas de ensino en galego na Galiza.
- Extender a alternativa de ensino en galego a todas as etapas educativas
No en tanto, a Semente Vigo está inmersa en conseguir unha serie de obxectivos a curto prazo tanto no plano de creación de infraestruturas como no plano pedagóxico. A saber:
- Realizar a obras de acondicionamento do espazo educativo para abrilo no curso 2015-16.
- Elaborar e adquirir materiais pedagóxicos acordes co proxecto educativo da Semente Vigo
- Consolidar unha oferta de actividades lúdico-educativas durante as tardes no espazo
da Semente - Formar educadorxs e familias en metodoloxías pedagóxicas anovadoras que partan da
centralidade dx nenx no proceso educativo.


Team and experience
A asociación Pro-Escola Semente Vigo está formada por persoas dos ámbitos educativo,cultural, social e tamén pais e nais. Únenos o desexo común de as nosas crianzas seren educadas en galego; unha aprendizaxe na que as actividades sexan desenvolvidas na nosa língua favorecendo a sua aquisición, conservación, coidado e consolidación.

Social commitment
Shared materials
-
Materiais pedagóxicos abertos
A Semente Vigo a través da súa páxina web ofrece a posibilidade de acceder a diferentes recursos educativos para traballar coas crianzas e as familias: experiencias pedagóxicas na aula, actividades didácticas, propostas lúdicas, documentos e artigos de interese pedagóxico e de inmersión lingüística. A web permite facer un seguimento de como é o proceso de creación dunha escola destas características para todas aqueles colectivos ou sectores sociais que queiran impulsar unha iniciativa semellante.CC - Attribution-NonCommercial
Creative Commons License with attribution that does not permit commercial use